Febreiro 2014

A cidade da Coruña

A cidade da Coruña careceu de imprenta ata o século XIX, isto non é sinxelo de explicar, se ben, é certo que a instalación da Real Audiencia xerou unha reducida demanda que podía ser atendida polas imprentas compostelás, pero, no século XVII, a nova administración borbónica, reorganizou os servizos e impuxo un crecente manexo de Reales Ordenes, Resoluciones y Decretos executados, tanto polo Real Acuerdo, como pola intendencia ou a Capitanía General, institucións, todas elas, instaladas nesta ciudade. Resulta sorprendente que se acudise ás imprentas compostelás e que non houbese xordido na cidade un impresor que cubrise esta demanda.

Read More

Apoio a Entidades de carácter social – AECC

Gráficas Mera dentro da súa liña de responsabilidade social empresarial, ven impulsando durante todo este ano unha serie de pequenas accións de apoio a entidades de carácter social sen ánimo de lucro.

Dentro desta campaña e de común acordo de toda a plantilla de Gráficas Mera un dos proxectos seleccionados é a colaboración coa Asociación Española Contra el Cáncer.

Como xa sabedes, o pasado martes 4 de febrero celebrouse a nivel mundial o día contra o cáncer. É por isto que a AECC terá o venres 7 de febrero en horario de tarde e o sábado 8 durante todo o día unha mesa informativa na porta principal do Corte Inglés da Coruña.

Gráficas Mera donou 2000 tacos de notas de forma totalmente desinteresada para que a AECC  os reparta durante esta campaña informativa da forma que eles estimen oportuno.

Dende Gráficas Mera queremos desexarlles á Asociación Española Contra el Cáncer e a tódolos enfermos e enfermas de cáncer a mellor das sortes na súa loita diaria contra esta terrible enfermidade.