Setembro 2014

A responsabilidade social empresarial (RSE)

A responsabilidade social empresarial vven a ser a contribución activa e voluntaria ao melloramento social, económico e ambiental por parte das empresas, xeralmente co obxectivo de mellorar a súa situación competitiva, valorativa e o seu valor engadido.

Dende Gráficas Mera apostamos por un programa de valorización empresarial para situar á nosa empresa dentro dos obxectivos de responsabilidade social que entendemos fundamentais para o correcto desenvolvemente do noso entorno.

O feito de ser unha pequena empresa non é óbice para fomentar a responsabilidade social no noso entorno pois esta responsabilidade vai máis alá das grandes multinacionais ou das institucións, e dende logo non queremos quedarnos no simple cumplimento das leis e normas vixentes que de por sí xa hai que acatar como é lóxico.
Read More