A responsabilidade social empresarial vven a ser a contribución activa e voluntaria ao melloramento social, económico e ambiental por parte das empresas, xeralmente co obxectivo de mellorar a súa situación competitiva, valorativa e o seu valor engadido.
Dende Gráficas Mera apostamos por un programa de valorización empresarial para situar á nosa empresa dentro dos obxectivos de responsabilidade social que entendemos fundamentais para o correcto desenvolvemente do noso entorno.
O feito de ser unha pequena empresa non é óbice para fomentar a responsabilidade social no noso entorno pois esta responsabilidade vai máis alá das grandes multinacionais ou das institucións, e dende logo non queremos quedarnos no simple cumplimento das leis e normas vixentes que de por sí xa hai que acatar como é lóxico.
Tomando como punto de partida a definición da OIT de responsabilidade empresarial que di “es el conjunto de acciones que toman en consideración las empresas para que sus actividades tengan repercusiones positivas sobre la sociedad y que afirman los principios y valores por los que se rigen, tanto en sus propios métodos y procesos internos como en su relación con los demás actores” Gráficas Mera fai súas as recomendacións destes organismos para cumpliren coas súas responsabilidades:
- Servir á sociedade con produtos útis e en condicións xustas.
- Crear riqueza da maneria máis eficaz posible.
- Respetar os dereitos humans cunhas condicións de traballo dignas que favorezan a seguridade e saúde laboral e o desenvolvemente human e profesional dos traballadores.
- Procurar a continuidade da empresa e, se é posible, acadar un crecemento razoable.
- Respetar ol medio ambiente evitando no posible cualquer tipo de contaminación minimizando a xeración de residuos e racionalizando o uso de recursos naturais e enerxéticos.
- Cumplir con rigor as leis, regulamentos, normas e costumes, respetando os lexítimos contratos e compromisos adquiridos.
- Procurar a distribución equitativa da riqueza xerada.3
- Seguemento do cumprimento da lexislación por parte da empresa.
- Mantemento da ética empresarial e loita contra a corrupción.
- Supervisión das condicións laborais e de saúde dos/as traballadores.
- Segueguemento da xestión dos recursos e os residuos.
- Revisión da eficiencia enerxética da empresa.
- Correcto uso da auga.
- Loita contra o cambio climático.
- Evaluación de riscos ambientais e sociais.
- Supervisión da adecuación da cadea de suministro.
- Deseño e implementación de estratexias de asociación e colaboración da empresa.
- Implicar ós consumidores, comunidades locais e resto da sociedade.
- Implicar aos empregados nas boas prácticas de RSE
- Marketing e construcción da reputación corporativa.
- Mellorar as posibilidades e oportunidades da comunidade onde se establece a empresa
Xa por último sinalar que dentro da estratexia global de responsabilidade social de Gráficas Mera tamén hai espazo para a chamada filantropía corporativa que a pequena escala e dentro das posibilidades da nosa empresa ven a ser a axuda a entidades sen ánimo de lucro con carácter social para apoialos no desenvolvemento das súas campañas ou accións.
Deste punto falaremos en breve noutro artigo.