O ISBN
O ISBN (Internacional Standard Book Number) é un código internacional que identifica tanto unha edición determinada dunha obra coma o editor desta. Como o ISBN se refiere sempre a unha edición concreta, a segunda e sucesivas edicións e as reimpresións coa máis mínima variación precisan un novo ISBN.
Foi creado no Reino Unido en 1966 polas librarías e papelarías británicas W. H. Smith e chamado orixinalmente Estándar Book Numbering (en español, ‘numeración estándar de libros’), abreviado SBN. Foi adoptado como estándar internacional ISO 2108 en 1970.
Ata a reforma que entrou en vigor no 2007, cada edición e variación dun libro recibía un ISBN composto por 10 díxitos de lonxitude, e dividido en catro partes:
1. o código de país ou lingua de orixe,
2. o editor,
3. o número do artigo e
4. un díxito de control.
Actualemnte dende o 2007 debido ao esgotamento da numeración implantouse elISBN de trece números.
A plasmación do ISBN físico é o famoso código de barras que vemos nas traseiras das publicacións.
Se unha obra está constituída por varios volumes, levará un único número de depósito legal e un número de ISBN para a obra completa e outro distinto para cada unha das partes.
O número de ISBN é obligatorio para libros e folletos (incluídas as separatas), pero os reproducidos en fotocopia non levan ISBN. Tampouco o levan as publicacións periódicas que precisan ISSN.
O responsable de solicitar o ISBN é o editor que se dirixirá á Axencia Española. Unha vez que o editor coñece o código asignado á súa obra, debe facilitarllo ó impresor que vai facer a tirada e este, á súa vez, comunicarao á oficina do depósito legal cando solicite o número para a devandita obra.
Información:
Agencia Española del ISBN
Santiago Rusiñol, 8
28040 – Madrid
Tfno. 91 – 5368834 – 35 – 43 Fax. 91 – 5539990
O ISSN
O ISSN (Internacional Standard Serial Number) é un código que identifica unha publicación seriada, é decir, periódicos, revistas, publicacións anuais (informes, anuarios, directorios, etc.), boletíns, memorias, actas de institucións ou congresos e series monográficas.
Este código utilízase en España desde 1987 e asígnao o Centro Nacional Español ISSN. Debe solicitalo o editor da publicacións, despois de publicado o primeiro número, e será sempre o mesmo para tódolos números sucesivos.
Información:
Centro Nacional Español del ISSN
Biblioteca Nacional,
Paseo de Recoletos, 20 – 22
28071 – Madrid
Tfno. 91 – 5807843 Fax. 91- 5168016