A nova etapa de Gráficas Mera comeza tamén nas redes sociais. A partir de hoxe e semanalmente Gráficas Mera lanzará varios artigos cos que queremos compartir os nosos coñecementos e experiencias no sector das artes gráficas.
Decimos que comezamos unha nova etapa xa que este foi un ano de notables novidades na nosa empresa. Novidades como a incorporación de nova maquinaria e incluso a ampliación das instalacións para dar cabida a novos productos coma o grande formato (impresión de vinilo, lona, cartón pluma..) ou incluso o asentamento da sección de multimedia na que damos servizo de creación de páxinas web ou conversión de libros a formato electrónico ós clientes que así nolo demandan.
A pretensión deste blogue é modesta; con el manterémosvos informados de novas campañas ou ofertas que lancemos pero tamén temos certa intención didáctica xa que pretendemos manteros ó día das novidades no sector.
Toda a equipa de Gráficas Mera ponse á vosa disposición para aclarar dúbidas e manter un contacto permanente cos nosos clientes e con todo aquel que nos queira seguir.
Moitas grazas de anteman pola vosa paciencia e comprensión. Estamos a punto de comezar esta nova singladura na que todos seredes benvidos.