Blog

As normativas sobre tamaños de papel

É moi habitual e por todos coñecidas certas medidas nos tamaños de papel que adoitamos necesitar; así calquera sabe o que é un A4 ou un A3 pero o que non é tan habitual é saber de ónde veñen estos tamaños e que o feito de axustarnos a eles fannos aforrar cartos en traballos de imprenta debido a un maior aproveitamento do papel.

Dito isto expliquemos brevemente a historia das normas. Todo comeza en 1922 no Instituto Alemán de Normalización (Deutsches Institut für Normung) nun traballo do enxeñeiro berlinés Dr. Walter Porstmann que basado nos principios de racionalización da revolución francesa decide crear unhas medidas estándar para o papel.

Read More

Consellos que agradecerá o teu peto

Dende Gráficas Mera e a bo seguro dende calquera outra imprenta que intente ser o máis profesional posíbel queremos fundamentalmente dúas cousas á hora de enfrentarnos ós nosos encargos:

Que o traballo saia coa calidade que nos esixe o cliente.

Que o prezo sexa o máis axustado posíbel dentro da calidade esixida.

Estas son as nosas máximas e cando as acadamos, podemos congratularnos de dar feito ben o noso traballo.

Read More

La Tecnología NFC

A tecnoloxía NFC (Near Field Communication) foi aprobada no 2003 como estándar ISO/IEC .Trátase dunha conexión inalámbrica que funciona na banda dos 13.56 MHZ.,que provén das etiquetas RFID. É unha plataforma aberta desvolta para os dispositivos móbiles, pensada para a comunicación instantánea e que funciona de dúas maneiras :

Activo: dúas equipas intercambian datos

Pasivo: unha equipa activa e a outra só intercambia información

Read More