Blog

A cidade da Coruña

A cidade da Coruña careceu de imprenta ata o século XIX, isto non é sinxelo de explicar, se ben, é certo que a instalación da Real Audiencia xerou unha reducida demanda que podía ser atendida polas imprentas compostelás, pero, no século XVII, a nova administración borbónica, reorganizou os servizos e impuxo un crecente manexo de Reales Ordenes, Resoluciones y Decretos executados, tanto polo Real Acuerdo, como pola intendencia ou a Capitanía General, institucións, todas elas, instaladas nesta ciudade. Resulta sorprendente que se acudise ás imprentas compostelás e que non houbese xordido na cidade un impresor que cubrise esta demanda.

Read More

Apoio a Entidades de carácter social – AECC

Gráficas Mera dentro da súa liña de responsabilidade social empresarial, ven impulsando durante todo este ano unha serie de pequenas accións de apoio a entidades de carácter social sen ánimo de lucro.

Dentro desta campaña e de común acordo de toda a plantilla de Gráficas Mera un dos proxectos seleccionados é a colaboración coa Asociación Española Contra el Cáncer.

Como xa sabedes, o pasado martes 4 de febrero celebrouse a nivel mundial o día contra o cáncer. É por isto que a AECC terá o venres 7 de febrero en horario de tarde e o sábado 8 durante todo o día unha mesa informativa na porta principal do Corte Inglés da Coruña.

Gráficas Mera donou 2000 tacos de notas de forma totalmente desinteresada para que a AECC  os reparta durante esta campaña informativa da forma que eles estimen oportuno.

Dende Gráficas Mera queremos desexarlles á Asociación Española Contra el Cáncer e a tódolos enfermos e enfermas de cáncer a mellor das sortes na súa loita diaria contra esta terrible enfermidade.

Aninovo

Aninovo, blogue novo

Queridos amigos, como xa poidestes comprobar comezamos este ano 2014 cun artigo sobre Gutemberg.

Pois ben, esto non é máis que o comezo dunha estructuración do noso blogue en distintas áreas. De agora en diante adicarémonos á historia das artes gráficas cunha serie de artigos durante todo o ano; tamén teremos un espazo para as novas sobre as derradeiras novidades no noso sector e por suposto falaremosvos noutros artigos dos nosos produtos e ofertas que nos mesmos podamos ofrecer.

Read More