Como en tantas outras facetas da vida dar boa imaxe a nivel empresarial pode marcar as diferenzas.
Para entendernos, cando presentas a túa empresa a un potencial cliente, visítalo por primeira vez ou visitan as túas instalacións, a todos gústanos que ese potencial cliente leve unha grata impresión; seguramente non sexa o punto principal polo que vaia a escollerte como proveedor pero a bo seguro será unha pequena axuda.
É por isto que en Gráficas Mera queremos aconsellarte dándote unhas pautas para ter ese toque de profesionalidade que toda empresa necesita.
En primero lugar recomendámoste unhas tarxetas. Hainas de moi diversos papeis e acabados pero sempre recomendaremos unha boa calidade xa que ó fin e o cabo será a primeira impresión que se leven de ti ou da túa empresa.
Seguiremos ca papelaría; imprescindibles os sobres e cartas co teu logotipo. Non é o mesmo recibir correspondencia nun sobre en branco que nun impreso ó igual que non é o mesmo levar unha factura nun folio co teu logotipo e demáis datos impresos que nun folio sacado por impresora. Eses detalles nótanse e fan que marcan a diferencia.
Por último teremos as carpetas como culminación de toda boa papelaría e imaxe corporativa que se precie. Telas con peto ou sen él, troqueladas, plastificadas… como sexa, pero sempre cando entregues a túa documentación usa unha boa carpeta.
Por suposto que hai outras moitas opcións para completar a túa papelaría corporativa pero estos son os imprescindíbeis que debes ter.
Outro día falaremos da rotulación da túa empresa para darlle o punto final á túa imaxe corporativa.