Empresa

Somos unha empresa galega que empezou a súa andaina no ano 1988. En Gráficas Mera, ademais de realizar traballos de impresión da máxima calidade, asesorarémoslle nos elementos gráficos que a súa empresa necesita. E por que? Porque os máis de 20 anos de experiencia no sector, aválannos e axudan a entender cal é a mellor elección para o seu negocio.
A nosa empresa conta cun equipo de profesionais altamente cualificado que atopará os produtos ou servizos que máis se axustan ás necesidades da súa empresa.
A nosa carta de servizos abarca todo o proceso de creación: desde o deseño ou maquetación, pasando pola impresión, o acabado e a distribución.
A base do noso traballo é o asesoramento, a calidade, o cumprimento dos prazos de entrega e a seriedade. É a confianza dos nosos clientes o que nos obriga a ser cada día máis esixentes connosco mesmos. Pero posiblemente sexa a nosa listaxe de clientes o que mellor fale do noso traballo:
Unha imprenta de última xeración en constante renovación e comprometida co medio ambiente.