Cambia de aires, decora a túa casa con vinilos sorprendentes
Podes empapelar unha parede cunha foto xigante,
Pídenos o imposible, estamos a esperar dos teus retos en gran formato.
Este servizo compleméntase coa montaxe feita por persoal cualificado da empresa.
Unha curiosidade…
As chamadas gigantografías son pósteres ou carteis impresos en gran formato, xeralmente máis grandes que o póster estándar de 100×70. Xa nos anos 50 e 60 estivo moi de moda empapelar unha parede cunha foto xigante, aínda que estas fotos non eran de moi boa calidade, porque a tecnoloxía non permitía a alta definición que hoxe en día se pode obter. As gigantografías pódense facer por inxección de tinta, láser ou revelado químico, e este último é o método que brinda o resultado con mellor calidade, resolución e definición, a pesar da limitación do tamaño.