En Gráficas Mera contamos coa certificación FSC®!
En Gráficas Mera somos conscientes da gran problemática do medio ambiente que existe actualmente en todo o mundo, con especial inquietude sobre o estado dos bosques e dos recursos da madeira. Por iso, no noso compromiso coa protección da contorna, contamos coa certificación FSC®. Esta certificación garante que os nosos produtos usan materias primas legais e sostibles, cumprindo os máis elevados estándares sociais e ambientais do mercado e asegurando os beneficios do medio ambiente, sociais e económicos.
Queres saber máis sobre o certificado FSC®? Segue lendo!
Que é o FSC?
O FSC é un sistema de certificación forestal. Nace do encontro en California, en 1990, de empresas consumidoras e comerciantes de madeira, organizacións ambientais e de dereitos humanos, que manifestan a súa preocupación pola posible perda dos bosques. Por iso, fórmase o FSC ou Consello de Administración Forestal (Forest Stewardship Council), unha organización global, sen ánimo de lucro, dedicada a promover a xestión forestal responsable en todo o mundo.
Uns anos máis tarde, en 1993, esta organización instaura o certificado FSC®, o cal se aplica a todos os elos da industria da madeira, desde propietarios e administradores ata produtores, transformadores, fabricantes e distribuidores na súa loita polo uso de materias obtidos en bosques correctamente xestionados e a protección da contorna.
Animámoste a que vexas este vídeo explicativo onde nos contan máis sobre a organización, a súa historia e as súas funcións.
Para que serve o certificado?
O certificado FSC® garante que os produtos empregados veñen de bosques nos que se aseguran boas prácticas para aproveitalos segundo os niveis mínimos de xestión. Desta forma, verifícase a traxectoria da materia prima desde a súa orixe ata o consumidor final, abarcando todas as etapas do recorrido.
Para conseguir esta acreditación, sometémonos a unha auditoría voluntaria para demostrar que os nosos produtos cumpren cos requisitos esixidos. Ademais, existen diferentes tipos de certificados en función da actividade da empresa. Sabes cales son os tipos de certificacións existentes? A continuación, explicámoscho.
Tipos de certificacións
- Certificación forestal: dirixida a xestores ou propietarios de bosques con prácticas de xestión que cumpren as características especificadas nos Principios e Criterios do FSC.
- Cadea de custodia: con este modelo verifícase que os produtos con etiqueta FSC conteñen materiais certificados FSC®.
- Madeira controlada: creada para controlar ás empresas.
E cales son os beneficios de obter o certificado FSC®?
Aínda que existen numerosos beneficios económicos e sociais co certificado FSC®, os que máis nos interesan son os que corresponden ao apartado ambiental, é dicir:
- A conservación da diversidade biolóxica e os seus valores.
- A contribución aos esforzos por manter as funcións ecolóxicas, a integridade dos bosques e a súa produtividade.
- A contribución á protección de especies con problemas de conservación e os seus hábitats.
Necesitas un traballo de impresión, rotulación, merchandising, gravado…? En Gráficas Mera ofrecémosche produtos de alta calidade e respectuosos coa contorna que nos rodea. Animámoste a que consultes os nosos servizos e a que te poñas en contacto connosco.