Impresión Dixital

Impresión Dixital

A impresión dixital é un proceso que consiste na impresión direta dun arquivo dixital a papel, por diversos medios. O máis común é a tinta en impresora de inxección (cartuchos), e o tóner en impresora láser. Este proceso é ideal para proxectos de baixo volume e tempos de entrega sumamente curtos; unha das principais vantaxes que ofrece é a disponibilidade case inmediata dos impresos, pois require menos procesos e tempo de secado ou enfriado ó non traballar con tintas, coma a tradicional impresión Offset.

A incorporación da última tecnoloxía en maquinaria dixital pretende cubrir as necesidades da nosa clientela en pequenas tiradas e darlle o mellor prezo cos mellores acabados e no máis breve prazo posíbel. Por tanto, a produción deste tipo de impresión é case inmediata e permite unha maior persoalización do produto.

É por isto que, vostede coma cliente, pode decidir qué tecnoloxía se adapta máis ao seu proxecto, a offset ou o digital. Nós asesorámoslle dende o coñecemento previo de ámbalas.

Merchandising

  • Papelaría
  • Textil
  • Persoalización (libretas, almanaques)
  • Chapas