Deseño Web

Deseño Web

Para Gráficas Mera as páxinas web son tan só un medio para conseguir o fin. Hai moitas empresas adicadas ao deseño e desenvolvemento web, pero non son tantas as que están especializadas en potenciar o negocio do cliente na Internet. Adicámonos ao Deseño de páxinas Web na Coruña. Deseñamos tendas online, Blogs, Landing Page e facemos posicionamento e xestión de redes sociais.
Nós non só vendemos webs, ofrecemos aos nosos clientes a posibilidade de salientar entre os seus competidores. A nosa especialización é aparecer nos primeiros resultados de busca, en facer deseños que inciten a comprar e en estudar o cliente final para ofrecer unha web óptima que consiga unha conversión de clientes de forma eficiente.
Temos diferentes tipos de páxinas web, que van dende unha simple Landing Page, pasando por unha web informativa, un Blog persoal e ata unha web corporativa profesional. O cliente poderá actualizar a súa información a través dun sinxelo, cómodo e potente xestor de contidos.
A elección partirá sempre do cliente, pero sempre contando co noso asesoramento personalizado. As nosas webs son totalmente á medida e RESPONSIVE, é dicir adaptadas a todos os dispositivos móbiles.
O deseño da web realizarao o noso departamento de Deseño Gráfico seguindo as directrices do cliente.

One Page
Dende 95/+ IVA
  • Deseño a medida
  • 2 apartados
  • Formulario de Contacto
  • Textos cliente
  • Seo: 2 keywords
  • Inclúe Hosting
  • Inclúe Dominio
Web Básica
Dende 350/+ IVA
  • Deseño a medida
  • 3 apartados
  • Formulario de contacto: 1
  • Textos cliente
  • SEO: 3 Keywords
  • Bases de Datos:
  • Xestor de contidos:
Web Plus
Dende 695/+ IVA
  • Deseño a medida
  • 5 apartados
  • Formulario de contacto: 1
  • Textos cliente
  • SEO: 5 Keywords
  • Bases de Datos:
  • Xestor de contidos:

Os prezos están suxeitos a variacións na configuración. Os prezos non inclúen IVA.