Cada vez tomamos máis conciencia da contorna na que vivimos. Os produtos ecolóxicos cada vez teñen máis presenza nas nosas vidas e, por iso, estámonos adaptando a coidar o medio ambiente. Por este motivo, poñemos en práctica solucións sostibles e respec tuosas que exerzan unha influencia positiva na sociedade. Fai pouco, falábamosche de como nos certificáramos co FSC, pero hoxe queremos achegarche a unha práctica que cada vez abarca máis negocios: a impresión ecolóxica e a sostibilidade.
Interésache saber en que consiste? Segue lendo!
Impresión ecolóxica
A impresión ecolóxica, tamén chamada impresión sostible, é unhas das opcións dispoñibles no camiño cara a sostibilidade. Na era dixital tamén precisamos materiais impresos, pero podemos conseguir que estos teñan un menor impacto medioambiental.
Este proceso aplica innovacións ecolóxicas nas tres partes principais do proceso de impresión (tecnoloxía de impresión, tinta e materiais) para minimizar o impacto na contorna. Así, estas tecnoloxías verdes contribúen a reducir a contaminación, os residuos e o consumo de enerxía utilizado durante a produción, ademais de custos de impresión.
- Tecnoloxías de impresión: en pleno crecemento, estas tecnoloxías buscan consumir menos enerxía e recursos, ao tempo que tratan de producir menos residuos.
- Tintas verdes: son unha alternativa noh contaminante ás tintas tradicionais con bases de petróleo ou plástico compostas por químicos dañinos. Utilizan ingredientes como a soia ou vexetais na súa produción.
- Materiais de impresión: a tendencia é que veñan de materiais reciclados ou outros materiais sostibles que sexan biodegradables ou reciclables. Ademais, teñen unha orixe sostible e tratan de non empregar demasiados produtos químicos no seu proceso.
Vantaxes da impresión sostible
- Reduce o impacto medioambiental da imprenta, o que significa un menor dano no medio ambiente.
- Reutiliza materiais.
- Aforra en materiais e cantidades desbotados.
- Reduce a talla de árbores.
- Dota á empresa dunha mellor valoración.
En Gráfica Mera estamos comprometidos coa impresión ecolóxica e a sostibilidade. Intentamos sempre minimizar o noso impacto no medio ambiente. Utilizamos materiais de orixe responsable e que sexan reciclables. Ademais, tratamos de adaptarnos aos procesos que contribúen ao coidado da nosa contorna e sumámonos a iniciativas de reciclaxe para todos os nososs residuos, de forma que contaminemos o menos posible.