É moi habitual e por todos coñecidas certas medidas nos tamaños de papel que adoitamos necesitar; así calquera sabe o que é un A4 ou un A3 pero o que non é tan habitual é saber de ónde veñen estos tamaños e que o feito de axustarnos a eles fannos aforrar cartos en traballos de imprenta debido a un maior aproveitamento do papel.
Dito isto expliquemos brevemente a historia das normas. Todo comeza en 1922 no Instituto Alemán de Normalización (Deutsches Institut für Normung) nun traballo do enxeñeiro berlinés Dr. Walter Porstmann que basado nos principios de racionalización da revolución francesa decide crear unhas medidas estándar para o papel.
Estos traballos culminan ca publicación da norma DIN 476, esta norma serve como base para a norma internacional ISO 216, que foi adoptada case en tódolos países. As diferenzas que existen son polas tolerancias aceptadas nos tamaños do papel.
Existen outros sistemas de formatos en Estados Unidos de América e Canadá pero de pouca aplicación e escasamente prácticos.
A norma internacional ISO 216 da Organización Internacional para la Estandarización (International Organization for Standardization, ISO) especifica os formatos de papel e é usada actualmente en moitos países do mundo entre eles en España.
Os formatos da serie principal (serie A) básanse nos seguintes principios:
- Os distintos tamaños de papel teñen que tener a mesma proporción entre o seu lado maior e menor.
- Dos tamaños de papel sucesivos teñen que ser un o doble de superficie que o outro, de modo que cortando un formato obtéñense dous iguais do formato seguinte.
- O A0 ten unha superficie dun metro cadrado.
Dividindo o lado maior entre dous, obteremos sucesivamente os distintos formatos A1, A2, A3, A4 …
Por último dicir que en España aínda é habitual atopar as seguintes denominacións
- DIN A1 < prego pequeno
- DIN A2 < medio prego pequeno
- DIN A4 < folio
- DIN A5 < Cuartilla
- DIN A6 < Octavilla
Se tomamos como referencia a división dun prego A0. Os formatos respectivos resultan da división dos tamaños próximos seguintes.
Tamaño | ancho | largo |
DIN A0 | 84,1 | 118,9 |
DIN A1 | 59,4 | 84,1 |
DIN A2 | 42,0 | 59,4 |
DIN A3 | 29,7 | 42,0 |
DIN A4 | 21,0 | 29,7 |
DIN A5 | 14,8 | 21,0 |
Dimensións en centímetros |