Llámanos 981 27 11 26 · info@graficasmera.com

Empresa

A NOSA HISTORIA

Somos unha empresa galega con 25 anos de experiencia no sector das artes gráficas. Durante este tempo a nosa prioridade sempre foi o servizo ó cliente, dando resposta a tódalas súas necesidades, o que nos levou a renovarnos, creando novas liñas de traballo. Contamos cunha equipa cun marcado carácter xove e en constante formación, o que nos permite innovar e nos proporciona unha adecuación perfecta para os novos tempos nos que é vital incorporar novas canles de comunicación. Ofrecemos traballos de alta calidade a uns prezos moi competitivos, permitíndonos darlle ó cliente sempre o que necesita de forma persoalizada e sen demoras.

Podemos asegurar que destacamos por ser unha empresa que centraliza os seus servizos xa que contamos cunha ampla gama de maquinaria que nos permite facelo proceso completo de traballo, evitando así demoras innecesarias e asegurando a calidade do mesmo. Non só nos adicamos á impresión, senón que contamos tambén cun departamento de Deseño Gráfico, un departamento de Grande Formato e un departamento Multimedia, a través dos cales ofrecemos a posibilidade de crear deseños a medida, rotulacións e lanzamentos de negocios a través do mundo dixital mediante páxinas web persoalizadas, xestión de redes sociais, tendas online e diferentes recursos na rede que lle permitirán ós nosos clientes medrar e aumentar o seu fluxo de vendas.

Tamén destacar que utilizamos técnicas de impresión pouco agresivas co medio ambiente, reciclamos tódolos nosos residuos e asesoramos ós nosos clientes nunha ampla gama de papeis reciclados.

A experiencia é o noso mellor aval. A confianza é algo que tarda en gañarse, pero cando se consegue convírtese na mellor garantía.

En Gráficas Mera aválannos os nosos clientes.