Parece que non, pero probablemente xa te decataches. Chegou o nadal.
Seguro que cando alzas a mirada pola rúa empezas a ver a iluminación do Nadal, árbores nas casas ou mesmo algún Papa Noel prematuro…
E como sempre que chegan estas datas, en Gráficas Mera queremos poñercho doado, tanto a ti coma á túa empresa cos pedidos do Nadal.
Temos á vosa disposición unha ampla selección de calendarios para o 2014.
Podes elixir entre calendarios de peto tradicionais ou encapsular, calendarios de sobremesa con modelos estándar ou personalizados ao teu gusto, co teu propio deseño e mesmo calendarios de parede que tanto se usan para anotar a consulta co médico ou a cita cos profesores dos nosos fillos.
Todos estes produtos teñen moitas variables coas que podes personalizar ou adaptar o produto ao teu gusto.
E naturalmente, non podían faltar as postais do Nadal, pois si, esas postais que cada vez menos, pero aínda se seguen enviando por estas datas e que cando as recibimos se nos abre un gran sorriso no noso rostro.
Existe unha gran cantidade de postais coas cales poderás axudar a algunha ONG, xa que parte do prezo desta vai destinado a fins sociais ou ben pódelas personalizar co deseño que prefiras.
En fin, aquí estamos para asesorarte no que necesites e por suposto Gráficas Mera deséxavos un feliz nadal.