Dende Gráficas Mera e a bo seguro dende calquera outra imprenta que intente ser o máis profesional posíbel queremos fundamentalmente dúas cousas á hora de enfrentarnos ós nosos encargos:
Que o traballo saia coa calidade que nos esixe o cliente.
Que o prezo sexa o máis axustado posíbel dentro da calidade esixida.
Estas son as nosas máximas e cando as acadamos, podemos congratularnos de dar feito ben o noso traballo.
Pois ben, hoxe falaremos dunhas sinxelas pautas coas que abaratar os traballos sen unha merma de calidade.
En primero lugar ten clara a cantidade a pedir, podes solicitar un orzamento cun escalado para comparar a disminución de prezos a medida que aumenta a cantidade.
Á súa vez ten claro o sistema de impresión a usar entre impresión dixital ou impresión offset. Usa impresión dixital se o teu pedido é reducido e a calidade estándar. Se o teu pedido é grande a impresión Offset permitirache abaratar e moito o prezo por unidade.
Evita pedir tiradas sucesivas, calcula ben cáles son as túas necesidades e fai a túa tirada dunha vez, ten en conta que a maioría de custos son por tirada, pouco podemos abaratar inda que fixéramos o traballo con anterioridade.
Reutiliza troqueis que xa teña a imprenta.
Utiliza ó máximo formatos estándar (formatos DIN) para o mellor aproveitamento de papel e rebaixa todo o que poidas a gramaxe de papel: a máis gramaxe, máis custo.
Importante non esquencer que cantas máis tintas, máis prezo, e moitas veces non se aproveita todo o rendemento dos degradados ou os deseños a dúas tintas que poden ser moi atractivos.
Xa por último no tema de acabados, o cliente debería coñecer que moitas imprentas fan a maioría dos seus acabados (pregados, plastificados, troquelados…) noutras empresas externas, todo isto remata repercutindo nun aumento de prezo.
En Gráficas Mera a mayoría dos servizos de acabado realizámolos nas nosas instalacións con maquinaria e persoal especializado para dar un prezo o máis axustado posíbel.
Esperamos que con estas pautas teñas unha referencia á hora de aproveitar a mejor relación calidade prezo coa túa imprenta e lembra… ante calqueira dúbida estaremos encantados de asesorarte.