O Sinodal de Aguilafuente, o primeiro libro impreso en España..
Ata o 5 de novembro poderase visitar a exposición: O Sinodal de Aguilafuente e a primeira imprenta española.
Un pouco de historia…
O Sinodal de Aguilafuente considérase o primeiro libro impreso en España, en 1472.
A cidade de Segovia era o lugar ideal para instalar unha imprenta: dispoñía dunha incipiente industria, casa da moeda, e un avezado e culto bispo, Juan Arias Dávila. Este decidiu convocar un sínodo con obxecto de aleccionar aos seus fregueses. E con obxecto de chegar a todos decidiu que o Sínodo fose rexistrado co revolucionario método da imprenta, grazas ao impresor Juan Parix de Heidelbrg. Deste xeito a famosa imprenta de Gutemberg chegou antes a Segovia que a outras grandes cidades da península como Barcelona, Salamanca ou Valencia..
Un pouco de lecer…
Entre o 4 e o 6 de agosto festéxase o aniversario da Sinodal de Aguilafuente, Segovia. Nun ambiente histórico festivo, os veciños e a cidade viaxan ao pasado para recrear esta Sinodal.