Acaba de ter lugar no recinto feiral da Coruña, unha nova edición da feira de autónomos e profesionais.
Nesta ocasión e por primeira vez Gráficas Mera quixo estar presente nesta feira para demostrar unha vez máis o noso compromiso co tecido comercial e industrial da nosa comarca.
Logo de meditar como sería a nosa participación na feira, inclinámonos finalmente por unha participación diferente á da tradicional caseta estática no que simplemente poderiamos informar os nosos visitantes, e optamos por unha fórmula que cremos innovadora como foi a colocación dunha caseta interactiva.
Dicíndoo claramente, optamos dentro do noso abano de produtos (impresión offset, impresión dixital, multimedia e gran formato) por realizar unha espectacular exhibición de gran formato.
Durante os catro días do evento o noso equipo de rotulacions, apoiado polo equipo comercial, realizou unha rotulación integral dun coche.
Tratouse dunha transformación completa dun Seat Ibiza gris que ao longo de oito sesións de dúas horas, acabou transformado nun precioso coche negro mate con insercións tamén na nosa cor corporativa.
As sesións foron un gran éxito de público que se apiñaba ao redor da rotulación mentres os nosos compañeiro traballaban.
Para finalizar, queremos agradecer á organización da feira, as facilidades para celebrar estas innovadoras sesións e xa sabedes:
Se necesitades auténticos profesionais na rotulación de vehículos, tendas ou calquera outro espazo, confía en Graficas mera.
Podedes ver distintas fases da rotulación nas fotos que acompañan o artigo.