Escolle o tipo de papel, encadernación, formato, a todo cor, branco e negro…
Tipos de encadernación…
Encadernación en cartoné ou encadernación en tapa dura:
É unha encadernación na que o libro, cosido ou encolado, está forrado cunha cuberta ríxida de cartón pegada ao lombo.
Encadernación en espiral:
É un método económico de encadernación que consiste en facer unha fila de pequenos orificios no lado do lombo e pasar unha espiral de arame ou de plástico por estes buracos.
Encadernación rústica ou en tapa branda:
É un tipo de encadernación na que o libro, cosido ou encolado, está forrado cunha cuberta de papel ou de cartón encolada ao lombo.
Encadernación grampada:
É unha encadernación na que o libro, está cosido por unha ou un par de grampas que fixa á vez as follas do caderno e as tapas.