En Graficas Mera estamos orgullosos de todos e cada un dos nosos clientes, desde os máis grandes aos máis pequenos e desde os máis antigos aos máis recentes.
Na nosa filosofía querémonos sentir máis como socios e amigos dos nosos clientes que como meros provedores.
Por eles querémosvos comentar a apertura de dous novos establecementos amigos na Coruña que a recado darán moito que falar.
Trátase do restaurante italiano L’inadeguato, situado no edificio BCA do polígono de Agrela; e da tenda Gourmet Ruralmente situada na Mariña enfronte ao edificio de correos.
No primeiro dos casos trátase dun restaurante italiano cunha decoración de deseño na que participamos amplamente coa elaboración dos vinilos e a decoración, ademais das novas cartas en materiais innovadores e rompedores. Esta proposta culinaria ven da man do coñecido restaurador coruñés Lucas, propietario do tamén archicoñecido restaurante italiano A Tavernetta.
Doutra banda na tenda Gourmet Ruralmente poderedes atopar produtos da nosa terra con alta calidade culinaria encabezados polos exquisitos xeados artesáns de Granxa O Cancelo.
Tamén aquí participamos na elaboración da parte gráfica da tenda (elaboración de vinilos e papelería)
Desde Graficas Mera desexarvos a maior das sortes no comezo das vosas andainas sabendo que tedes en nós un firme apoio.
Xa o sabedes emprendedores, Graficas esta á vosa disposición para rotular, deseñar e elaborar todo o que necesitedes para a apertura dos vosos negocios.