Se chegaches ata este artigo é porque sen dúbida vas casar proximamente, así que en primeiro lugar, noraboa! Sabemos que unha parte fundamental para esta celebración é a elección das invitacións de voda e este tema pode resultar algo tenso e indeciso, polo que en Gráficas Mera poñémonos á túa disposición para axudarte. Comezamos?
Pasos previos
Unha voda xira arredor dunha morea de decisións: roupa, lugar de celebración, convidados… e invitacións. As invitacións de voda son moi importantes, xa que non só conteñen a información precisa para transmitir aos teus convidados, senón que darán varias pistas de como vai ser a túa va. Todos queremos impresionar coas invitacións, que sexan diferentes e orixinais, pero para eso debemos pensar nalgunhas cousas antes.
Primeiramente, o que debes intentar definir é a temática ou o estilo da túa voda. Vai ser unha voda clásica e elegante? Moderna e minimalista? Rústica e bohemia? Esta decisión é moi persoal, pero marcará todos os elementos que conforman o evento. Podes definila en base a gustos persoais, vivencias, a época do ano, o lugar de celebración, a decoración que teñas en mente… Pero, o principal, é que sexas fiel a ti e que proxecte a túa personalidade.
Unha vez que escollas a temática da voda, é moi importante que plasmes o mesmo concepto en todos os elementos, desde os soportes ata a papelería. É fundamental que exista unha coherencia e harmonía entre todo. Unha boa idea pode ser utilizar un logo personalizado a modo de marca persoal en todos os deseños. Que che parece?
A continuación, debes marcarte un presuposto. Canto podes e queres gastar nas invitacións de voda? Define un rango para ter as ideas claras. Non tes por que gastar moito diñeiero nas invitacións, hai alternativas moi económicas e orixinais que poden encantarche. En Gráficas Mera dispoñemos dun amplio catálogo, consúltanos!
Creando as invitacións de voda perfectas
Na actualidade, existe unha gran diversidade de invitacións de voda. Hai modelos prefabricados que encaixan co que os noivos buscan, pero tamén está a posibilidade de crear deseños completamente personalizados. Ante todo, debes buscar que sexa claro e fácil de ler, para a comodidade dos convidados.
Independentemente do que escollas, debes ter en conta os seguintes puntos clave:
- Paleta de cores: as cores que elixas envolverán todos os elementos da voda. Decántate por tons que combinen entre si e teñan unha lóxica (sempre dentro dos teus gustos, claro!).
- Tamaño: as invitacións poden facerse en distintos tamaños, desde unhas medidas máis clásicas a outras menos convencionais. Pensa como queres presentalas, se a unha cara, pregada…
- Soportes e materiais: existe unha gran cantidade de materiais e soportes onde realizar a invitación. Podes optar por papeis clásicos ata outros máis novidosos, como o kraft, o papel semente ou vexetal, con e sen textura… Incluso podes valorar facer unha invitación en metacrilato ou madeira. Deixa voar a túa imaxinación!
- Deseño: podes realizar un deseño máis limpo e minimalista ou decorar con varios detalles, como fotos, pero recorda que garde sempre unha coherencia co resto de implicados.
- Tipografías: o mesmo que no punto anterior. Sobre todo, recomendámosche que sexa lexible.
- Contido: a información que vaias a engadir é moi importante. Intenta poñer toda a información relevante, de forma clara e concisa.
Outros elementos
- Sobre: é importante que complemente e combine coa propia invitación. Podes utilizar un modelo máis simple ou personalizalo con forros interiores, entre outros.
- Detalles: aquí podes atopar unha gran variedade de complementos para as túas invitacións de voda. Decorar con flores preservadas, curdas ou fitas, selar con lacre, engadir unha faixa… Como podes ver, hai moitas opcións!
Non te preocupes se che parecen moitos puntos a ter en conta, estamos aquí para asesorarte. Sabemos que este momento é moi especial para ti, polo que nos gustaría axudarte coa nosa experiencia en eventos. Non dubides en solicitarnos máis información sobre as nosas invitacións, sobres e impresións, faremos sinxelo o imposible!