Gráficas Mera, sempre á vangarda tecnolóxica e de innovación no sector das artes gráficas acaba de introducir entre os seus servizos o encadernado en COLA PUR. Este encadernado vén a sumarse aos tradicionalmente ofrecidos acabados en cosido e fresado en cola tradicional ou EVA.
Para avaliar a importancia da incorporación da maquinaria necesaria para o rematado en cola pur, permítannos explicar en qué consiste este rematado.
A palabra PUR é un acrónimo de Poly Uretano Reactivo e, como o seu nome indica, é un adhesivo que está baseado en polímero de uretano. A cola PUR posúe unhas cualidades que a fan única sendo a preferida polos profesionais da encadernación.
Son moitas as vantaxes que achega a cola PUR. Entre elas, destaca o feito de que sexa máis flexible que as colas tradicionais, polo que permite que un libro encadernado con esta cola poida abrirse en plano, sen que as súas follas se desprendan. Ademais, encaderna calquera tipo de soporte (acetatos, papel fotográfico, couchée, estucados, plásticos, laminados, offset e impresión dixital), nunca perde as súas propiedades, polo que o libro permanece inalterado co paso dos anos, e pode aforrar o paso intermedio da costura, grazas á súa flexibilidade e adherencia.
Por último, a cola PUR está deseñada para soportar marxes de temperatura entre -20 e +140 °C. Esta marxe fai que os libros encadernados con PUR poidan enviarse a calquera destino ou clima.
A cola PUR reacciona ou cura coa humidade do aire e do papel. Isto condiciona o tempo que pode estar nun tanque sen usarse. Aproximadamente, ao cabo de dúas horas, é necesario substituír esta cola, xa que perde propiedades químicas e a súa adherencia estará afectada. Mentres a cola no tanque se está a ser usada, non importa que estea en contacto coa humidade do aire.
Os libros encadernados con cola PUR necesitan máis tempo de curado que os libros encadernados con cola tradicional. Na actualidade, existen varios fabricantes de cola PUR e algúns deles dispoñen de varias referencias, as cales posúen diferentes tempos de curado, así como diferentes propiedades químicas, poderiamos dicir que como media para alcanzar o 100% de efectividade no agarre se necesitaría 48 horas de secado.
A cola pur é ecolóxica; os libros encadernados en pur poden ser reciclados, ademais a súa menor temperatura de fusión (120º) supón un aforro enerxético.
En definitiva, a cola pur proporciona unha maior resistencia e flexibilidade que a cola tradicional. Esta alta resistencia permite que cunha pequena capa de cola os libros queden perfectamente encadernados e poidan ser abertos en plano.
Dende Gráficas Mera invitámoslles a que comproben as vantaxes deste tipo de encadernación.
Comments are closed.