O poeta chairego Manuel María será o homenaxeado no Día das Letras Galegas en 2016, segundo o anuncio da Real Academia Galega (RAG).
A institución determinou esta decisión, logo dunha votación na que tamén eran candidatos a lucense Xela Arias e o ferrolán Ricardo Carballo Calero.
“Manuel María Fernández Teixeiro é un dos poetas más cantandos la literatura galega; cremos que vai ter unha eficacia na sociedade, non só na escolar, que certamente vai ser una triunfo para a RAG, senon tamén na normalización do galego”, explicou o Presidente da RAG, Alonso Montero.
Autor do primeiro libro en galego publicado por un autor novo despois da Guerra Civil, Muiñeiro de brétemas, Manuel María publicou non só no eido da poesía, senón tamén no teatro, na narrativa, no ensaio, na conferencia e, con grande intensidade, no xornalismo liteario.
Dende a Real Academia Galega entenden que, ó tratarse dun “autor enormemente eficaz social e didácticamente, para todos os públicos”, o vindeiro Día das Letras Galegas consagrado a Manuel María terá “un éxito popular moi especial que callará, alén das actividades académicas propias, nunha constelación de celebracións, tanto en Galicia como fóra, dada a importancia do poeta na emigración’.
Diversas institucións oficias como o Concello da Coruña, a Deputación de Lugo ou a Xunta de Galicia aplaudiron a decisión da RAG e indicaron que a programación do Día das Letras Galegas 2016 contará coa súas aportacións, xunto coas do Consello da Cultura Galega.
A figura de Manuel María segue viva grazas á Fundación que leva o seu nome na súa localidade de nacemento, en Outeiro de Rei, e coa que a Gráficas Mera unenlle grandes lazos de traballo e amizade o que nos levou a rotular a sede da Casa Museo Manuel María ou a editar as diversas coleccións de libros que edita a Fundación.
Desde a nosa parte parabens a viúva do escritor, Saleta; á Fundación Manuel María e ás Letras galegas por tan acaída elección.