Dende a invención da imprenta ata os nosos días, esta arte foi cambiando e evolucionando dunha forma realmente incrible. Hoxe en día, é posible imprimir sobre moitos tipos de soportes e con diferentes técnicas que revolucionaron as artes gráficas. Queres saber cales son os principais tipos de impresiónna actualidade? Explicámoschos todos!
Principais tipos de impresión
Impresión dixital
Este proceso consiste na impresión directa dun arquivo dixital, co deseño feito dende o ordenador, nun soporte físico, como papel común ou fotográfico, tea, plástico, etc. Pódese facer de dúas formas: con inxección de tinta (cartuchos) ou con impresión láser (tóner).
Na actualidade, é o tipo de impresión máis empregado. Ao non usar placas, é un método rápido (non require esperas por tempos de secado ou enfriamiento) e que aforra custos.
Impresión offset
Outra das técnicas máis empregadas. Consiste nun sistema de impresión indirecto que usa o conxunto de cores CMYK e utiliza placas de aluminio (de forma máis habitual) e tinta.
As pranchas son monocromáticas, é dicir, só poden transferir unha cor. Para imprimir unha imaxe a toda cor precísanse catro pranchas. As cores, en estado líquido, pasan por un sistema de rodetes. Este transfíreos ás pranchas, logo a un caucho e, posteriormente, ao soporte final. A impresión realízase por medio de capas de cor. A flexibilidade do caucho propicia que a tinta impregne superficies con texturas, o que outorga maior calidade.
Este tipo de impresión pódese usar en todo tipo de papel e reproduce unha imaxe exacta. Ademais, é económica cando se traballa con grandes cantidades.
Flexografía
É unha técnica de impresión en relevo. Utilízase, principalmente, para o packaging e embalaxe, sobre o cartón ondulado (que ten unha superficie moi irregular) e os soportes plásticos. Funciona con rotativas e usa pranchas flexibles de caucho e tintas a base de auga de secado rápido que son translúcidas, polo que as cores non se tapan, senón que se mesturan.
A tinta deposítase sobre a prancha en negativo. Esta presiona o substrato imprimible, deixando a mancha de tinta na superficie coa forma definida previamente. Só imprime unha cor, polo que habería que repetir o proceso varias veces para lograr a mestura de cores desexada.
É un método perfecto para imprimir sobre superficies irregulares con detalle e, ao longo, axuda a aforrar custos.
Impresión tipográfica
Trátase da impresión directa de texto con tipos móbiles. Úsanse pranchas con zonas que sobresaen (as que se imprimen), as cales están impregnadas de tinta. As placas presionan unha superficie suave, transfirindo a tinta e obtense unha imaxe á inversa.
Este tipo de impresión utiliza tintas grasas, a base de aceites e resinas sintéticas que se secan por penetración. É usado en superficies suaves, como o papel, a cartulina ou o cartón, e é moi utilizado para imprimir libros e tarxetas.
Rotogravado
É un sistema de impresión directa mediante cilindros rotativos. Neste, o sistema utilizado é o contrario á impresión tipográfica. Aszonas a imprimir son as que están máis baixas: grávanse pequenos ocos nunha prancha de metal, coa forma que se desexa imprimir, e son reenchidos coa tinta (cada cilindro leva a súa propia cor); posteriormente, a prancha presiona sobre a superficie a imprimir. O resultado deste tipo de impresión é unha imaxe de moi boa calidade.
Serigrafía
É un dos primeiros métodos de impresión directa. Permite reproducir imaxes sobre diferentes materiais sen que perdan calidade. Consiste en pasar a tinta polo medio dunha malla estirada nun marco, á cal se lle aplicou un padrón que determinará a imaxe que se imprime. As zonas que non se estampan veén protexidas por verniz e o resto do debuxo imprímese sobre a superficie cando se presiona.
É un método versátil, xa que pode imprimir en case calquera superficie e acabado.
En Gráficas Mera asesorámoste co método de impresión que máis che conveña. Consulta todos os nosos servizos!