Alégranos anunciar que, o pasado outubro, en Gráficas Mera alcanzamos o Indicador Ardán de Empresa Ben Xestionada 2020. Este certificado está outorgado polo Consorcio da Zona Franca de Vigo e só o 5% das empresas galegas conseguen cumprir cos requisitos esixidos. Entre estes criterios atópanse o crecemento dos ingresos, a rendibilidade, a produtividade e a liquidez. Os valores atópanse por encima da mediana do seu sector e durante un período de tres anos consecutivos.
Unha empresa ben xestionada destaca polas súas competencias diferenciais, sendo máis dinámica e cunha alta capacidade de resposta e adaptación ás esixencias do mercado. Ademais, atrae talento e inversión, favorecendo a competitividade global da nosa rexión e a creación de emprego e riqueza.
Segundo o Informe Ardán deste ano, as empresas que conseguiron reunir os requisitos de boa xestión foron 576 das 31.157 analizadas; isto representa tan só ao 1,84% del total examinado. Este informe elabórase desde o ano 1995 polo Consorcio da Zona Franca de Vigo e ten como obxectivo identificar y poñer en valor a excelencia empresarial en Galicia.
Os indicadores Ardán
Os indicadores Ardán divídense en dous grupos que se diferencian pola forma de cálculo:
- O primeiro está enfocado ás variables económicas. Dánselle ás empresas que se sitúan por encima da media do seu sector e seguen os seguintes parámetros:
– O crecemento dos ingresos de explotación.
– Os niveis de rendibilidade económica.
– A creación de EVA.
– A produtividade do emprego.
Estes son os indicadores de: Empresa de Alto rendemento, Empresa Ben Xestionada, Empresa Gacela, Empresa Xeradora de Riqueza e Empresa de Alta Produtividade.
- O segundo mide o desempeño das empresas en ámbitos como a innovación, a presenza en mercados internacionais, a economía circular ou a igualdade de oportunidades. Trátase dos indicadores de: Empresa Global, Empresa Innovadora, Empresa Circular e Empresa Igual en Xénero.
Podes consultar aquí o Informe Ardán 2020.