Gráficas Mera dentro da súa liña de responsabilidade social empresarial, ven impulsando durante todo este ano unha serie de pequenas accións de apoio a entidades de carácter social sen ánimo de lucro.
Dentro desta campaña e de común acordo de toda a plantilla de Gráficas Mera un dos proxectos seleccionados é a colaboración coa Asociación Española Contra el Cáncer.
Como xa sabedes, o pasado martes 4 de febrero celebrouse a nivel mundial o día contra o cáncer. É por isto que a AECC terá o venres 7 de febrero en horario de tarde e o sábado 8 durante todo o día unha mesa informativa na porta principal do Corte Inglés da Coruña.
Gráficas Mera donou 2000 tacos de notas de forma totalmente desinteresada para que a AECC os reparta durante esta campaña informativa da forma que eles estimen oportuno.
Dende Gráficas Mera queremos desexarlles á Asociación Española Contra el Cáncer e a tódolos enfermos e enfermas de cáncer a mellor das sortes na súa loita diaria contra esta terrible enfermidade.